ARACELI SERANTES PAZOS
 
 

Estudei Filosofía e Ciencias da Educación –especialidade en Intervención Socioeducativa– na Universidade de Santiago de Compostela (1983-88). Fixen os curso de Doutoramento en Filosofía e CC. da Educación na UNED (1988-90) e de Innovación e Investigación Educativa na Universidade da Coruña (1995-97). O meu traballo de tese ten sido sobre Os equipamentos de educación ambiental en Galicia: análise da realidade e propostas de criterios de calidade (2011, Premio Extraordinario de Doutoramento 2012).


Formo parte do Grupo de Investigación Política Educativa, Historia e Sociedade da Universidade da Coruña, inserto na Rede de Investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento RENEF-CISOC. Tamén son membro do Grupo Pesquisador em Educação Ambiental, Comunicação e Arte da Universidade Federal do Mato Grosso (Brasil).


A primeira experienza laboral ten sido nunha granxa-escola en Granada, antes de rematar a licenciatura, o que marcou miña vida  profesional, case sempre ligada á Educación Ambiental: educadora na granxa escola, coordinadora do equipo educativo máis tarde, coordinadora nunha aula de ecoloxía urbana e nunha aula da natureza, formadora en distintos programas de educación ambiental, técnica municipal de xuventede e medio ambiente...; durante 10 anos estiven vinculada a un centro de referencia para a educación ambiental de Galicia, o CEIDA (www.ceida.org).


Outras experiencias laborais, anteriores ao traballo na UDC, foron: cooperante e avaliadora de proxectos para a Cooperación española na R.Arxentina; promotora dun hotel de turismo rural na Alpujarra granadina; técnica de fomento de emprego para mulleres xóvenes en Santiago de Compostela e na Fundación Mujeres na Coruña; profesora de Educación Ambiental en programas de ocupación profesional en Ferrol e Técnica municipal de xuventude e medio ambiente no Concello de Oleiros. Tamén fun Adxunta de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.


Participo en asociacións e grupos de carácter educativo e ambiental: na Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), en Nova Escola Galega (NEG), na Asociación para la Interpretación do Patrimonio (AIP), na Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS) e na Asociación Internacional de Investigadores de Educación Ambiental (NEREA-investiga). Tamén participo de forma activa nalgún dos Grupos de Traballo que o Ministerio de Medio Ambiente promove a través do CENEAM.



Materias impartidas na UDC


Educación Ambiental (Diplomatura Educación Social)

Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade (Grao Educación Social)


Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación (Diplomaturas Mestre Primaria e Educación Física; Diplomatura Educación Social)

Teoría da Educación (Grao Educación Social e Grao de Mestre en Educación Infantil)


Planificación estratéxica e cultura participativa (Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas)

Xestión e innovación das institucións educativas (Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas)


Dimensión ética e procesos educativos na acción social  (Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria)


Turismo e Medio Ambiente (Diplomatura de Turismo)


Prácticum I (Diplomaturas Educación Social, Mestre-Audición e Linguaxe e Primaria; Grao de Educación Social)

Prácticum II (Diplomatura Educación Social; Grao de Educación Social)



Liñas de investigación


  1. Educación Ambiental, Equipamentos para a Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio

  2. Xestión e Uso Público nos Espazos Naturais Protexidos, Ecoturismo e Turismo Verde

  3. Perspectivas educativas do Cambio Climático e Xustiza Ambiental

  4. Procesos de Participación e Voluntariado, novos movementos sociais e redes educativas

  5. Desenvolvemento Local, intervención socioeducativa e Animación sociocultural

  6. Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global



Grupos de investigación


  1. *Investigadora do Grupo Educación para a Cidadanía Global-ECIGAL (UDC-Galicia)

  2. *Investigadora do Grupo Pesquisador em Educação Ambiental, Comunicação e Arte (UFMG-Brasil)

  3. *Membro da Rede de investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento




CURRICULUM COMPLETO

Araceli_Serantes2022.pdf

 
Profesora CONTRATADA DOUTORA
educación
FORMACión
divulgación
interpretación
ambiental
Nada é sufiente para quen o suficiente       é pouco
Epicúreo de Samos

Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global-ECIGAL (Universidade da Coruña)

Grupo Pesquisador em Educação Ambiental, Comunicação e Arte

(Universidade do Mato Grosso)

REAJA

Rede Internacional de Pesquisadores em Educação Ambiental e Justiça Climática